Impresionante anuncio da PS3

Sony está a preparar varios anuncios televisivos para que durante o Nadal nos vexamos forzados a mercar a PS3, e a verdade é que o fan moi ben: O...

Sony está a preparar varios anuncios televisivos para que durante o Nadal nos vexamos forzados a mercar a PS3, e a verdade é que o fan moi ben:

O anuncio é abraiante (e a canción Ladies & Gentlemen de Saliva acáelle ben), aínda que coido que deberían deixar un pouco de lado o Blu-ray nas promocións (a xente non sabe de qué vai iso da alta definición, e se sabe que tamén hai o HD DVD faise a polla un lío). Ver xogos como Heavenly Sword, o novo Ratchet & Clank, Warhawk, Uncharted ou o último Grand Turismo pode animar ós compradores que verán que xa hai bos títulos para a nova consola.
Apostaría algo a que ó final só van a emitir por televisión a versión curta, na que pasan de Spider-Man 3 e o Blu-ray, atendendo un pouco ó feito de que a xente aínda non ten televisores FullHD na casa:

Parece ser que seguindo as pautas deste último anuncio van preparar outros con xogos coma Assassin’s Creed, WWE Smackdown vs Raw 2008 ou Time Crisis 4, ou sexa, que por fin teñen xogos que sirvan de reclamo para mercar a PS3, aínda que coido que polo momento non hai un título que poidamos definir coma killer como lle acontece á Xbox 360 co Halo 3 ou á Nintendo DS con Nintendogs e Brain Training.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...