Grandes cosplays na Comic Con de New York

Os mozos de Sneaky Zebra veñen de publicar o seu vídeo musical cos cosplays que puideron verse na Comic Con de New York, e a cousa para que non...

Os mozos de Sneaky Zebra veñen de publicar o seu vídeo musical cos cosplays que puideron verse na Comic Con de New York, e a cousa para que non podía ter saído mellor:

Non só amosan a armadura do Iron Man Hulkbuster que está a arrasar ultimamente na Rede, senón que tamén podemos ver auténticas pasadas como o traxe de Shao Jun, protagonista de Assassin’s Chronicles: China, numerosas referencias ás películas de moda (El Despertar de la Fuerza, Guardianes de la Galaxia, Regreso al Futuro…), o paradóxico Batman/Adam West delgado… e incluso un cameo de LadyBaby e LadyBeard!!! Que non se diga que non é unha frikada!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...