Chegou a simetría da fibra a Movistar

Durante os últimos meses non paraban de saír ruxerruxes sobre ando sería realidade a simetría nas liñas de fibra óptica de Movistar, e finalmente fíxose realidade, tal e como...
movistar_subida_de_30_a_300

Paso dos 300/30 Mbps aos 300/300 Mbps

Durante os últimos meses non paraban de saír ruxerruxes sobre ando sería realidade a simetría nas liñas de fibra óptica de Movistar, e finalmente fíxose realidade, tal e como comunicou a compañía no seu blog oficial, de xeito que xa hai uns 2,4 millóns de liñas que poden gozar de conexións de alta velocidade coa posibilidade de dicir adeus á tradicional relación 10:1 entre descargas e subidas á Rede.

Dende hai uns meses gozo dunha conexión Movistar Fusión Contigo a 300 Mbps con 30 Mbps de subida, e tras solicitar a simetría telefonicamente e esperar uns poucos minutos, puiden ver como xa tiña a nova velocidade activada, e os resultados nos test de velocidade eran incluso mellores do esperado:

Que beneficio ten ter unha boa velocidade de subida? Pois agora, cada vez que quero actualizar unha páxina web non teño que esperar horas á suba dos ficheiros, a carga de contidos de grande tamaño (como vídeos) axilízase moito, o traballo con ficheiros en liña deixa de ser un grande problema (a velocidade de comunicación na Internet pode incluso ser superior ao de moitas redes locais de oficina, nas que é habitual traballar con documentos compartidos), as comunicacións en tempo real irán super-fluídas (as videoconferencias en alta definición xa non son un luxo, e incluso poderían facerse a 4K sen grandes complicacións, podendo un usuario particular entregar vídeo con calidades impresionantes)… En definitiva, que realmente con conexións simétricas todos vai moito mellor e, de feito, así era como tería que ser a Rede dende o comezo, pero as tecnoloxías anteriores era unha barreira para facelo.

Elevándose ás nubes

Agora que temos FTTH simétrico con un operador como Movistar xorde un problema: que pasa coa xente que non ten FTTH. As conexións de cable non permiten conexións simétricas a 300 Mbps no seu estado actual, e xa non digamos os ADSL, polo que estamos a crear unha nova fenda dixital, que separará incluso as bandas largas de nova xeración en función da simetría. Coido que non van ser poucas as empresas que agora teñan en conta a dispoñibilidade da simetría antes de planificar as súas redes e ubicacións, xa que de poder gozar de comunicacións simétricas en todas as súas oficinas, poderían traballar como se estivesen nunha única sede.

A nivel empresarial iso é unha revolución (normalmente as conexións simétricas tiñan prezos moi elevados) e segundo vaia avanzándose na simetría cada vez teremos unha maior dependencia da nube porque, se a velocidade que vas ter entre o teu ordenador e o servidor que está nas instalacións da empresa é practicamente igual que se o servidor estivese nunha granxa remota ou distribuído en máquinas virtuais, para que administrar un servidor localmente? Na meirande parte dos casos o mellor é que a administración dos servidores a fagan profesionais especializados en instalacións optimizadas e con medidas de seguridade de distinto tipo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS