Fuuuusiooooón (de Movistar)

Vese que as empresas, cando perden teñen que vender que gañan, pero de cando en vez deberían evitarse certos triunfalismos, como Telefónica cando presume de ter acadado o millón...

Vese que as empresas, cando perden teñen que vender que gañan, pero de cando en vez deberían evitarse certos triunfalismos, como Telefónica cando presume de ter acadado o millón de altas de Movistar Fusión, sen detallar que non está a falar de altas netas, senón brutas, ou sexa, que na meirande parte dos casos o que está a facer e coller a clientes actuais e ofrecerlles unha nova promoción par retelos, co que a compañía está a perder ingresos (aseguran que o aforro na factura mensual pode chegar ao 44%). E iso sen comentar que, pese a lanzar Fusión o 1 de outubro, durante tal mes Movistar perdeu 284.290 clientes de móbil netos.

Tamén aseguran ter a oferta máis competitiva do mercado, algo que é moi discutible, principalmente porque as súas boas conexións son as que van por fibra óptica, e a súa cobertura aínda é reducidísima.

De feito, se comparamos a oferta de Movistar Fusión coa de R (que vén de mellorar as súas velocidades), parece evidente que resulta máis práctico optar polo operador galego, aínda que sexa só pola flexibilidade.

[pricing]

[pricing_column]
[pricing_column_name]Movistar
Fusión[/pricing_column_name]
[price comment=”ao mes + IVE”]49,90€[/price]
[line]10 Mbps (casa)[/line]
[line]1.000 Mbytes (móbil)[/line]
[line]500 minutos (móbil)[/line]
[/pricing_column]

[pricing_column]
[pricing_column_name]Combo 20 antena +
plana 24 200 (R)[/pricing_column_name]
[price comment=”ao mes + IVE”]49,9 €[/price]
[line]20 Mbps (casa)[/line]
[line]500 Mbytes (móbil)[/line]
[line]200 minutos (móbil)[/line]
[/pricing_column]

[pricing_column]
[pricing_column_name]Combo 100 antena
+ plana 24h 400 (R)[/pricing_column_name]
[price comment=”ao mes + IVE”]69,9€[/price]

[line]100 Mbps (casa)[/line]
[line]1.000 Mbytes (móbil)[/line]
[line]400 minutos (móbil)[/line]
[/pricing_column]
[/pricing]

Vaites, visto así parece que a oferta de R non é tan boa ou que, cando menos, non compensa no que a móbil se refire, pero é que hai algún detalle máis que comentar: resulta que Movistar Fusión inclúe 500 minutos/mes de chamadas a móbiles dende o fixo as fins de semana y 50 minutos/mes de luns a venres, mentres que R ofrece dende o fixo 300 minutos/mes a móbiles R e 150 minutos a móbiles doutras compañías co Combo 20 e 300 minutos a móbiles R e 300 minutos a móbiles non R co combo 100, calquera día da semana. Parece unha parvada, pero estamos ante uns detalles que, sumados á grande diferencia de calidade na banda ancha fixa parecen inclinar a balanza a favor de R.

Sobra dicir

que só puxen un par de exemplos de R, pois podemos facer distintas combinacións de fixo e móbil que poden resultar moi vantaxosas. Por exemplo, un combo 6 antena (acceso á Rede que en moitas vilas galegas ten maior velocidade que un ADSL de Telefónica) xunto a un móbil con tarifa mini + internet sairía a 31,9 euros/mes + IVE, o que é unha das ofertas máis competitivas para ter teléfono fixo e móbil con acceso á Internet en ambos casos.

Non pretendo tomar partido por ningún operador (existen moitas outras alternativas) pero quería deixar constancia do boa que está a ser a competencia para os consumidores, que agora temos máis onde elixir e con prezos máis axustados, o que resulta moi de agradecer.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...