Onte R sorprendeunos anunciando que os usuarios que tiñamos conexións de 15 e 50 Mbps pasariamos a gozar de accesos á Internet a 20 e 100 Mbps respectivamente (que xa tivera unha conexión a 100 Mbps notará o cambio nunha rebaixa na súa factura) e, como viña sendo habitual, a aplicación deste cambio sería paulatino e de balde, e
hoxe dispúxenme a probar da nova conexión cuns resultados mellores dos que cabería esperar. Por exemplo, o velocímetro de R presenta uns resultados magníficos:
Se vou a Testdevelocidad.es a cousa non é tan boa, pero aínda que a velocidade de descarga non chegue aos 100 Mbps, a de subida (para min máis importante) si que cumpre de sobra:
Tras esta suba de velocidade, xunto co feito de que agora os combos domésticos inclúen chamadas a móbiles dende o fixo e se contratas o móbil con R tamén consegues descontos, consolídase a oferta converxente do operador galego, que agora teno un chisco máis doado para poder competir coa temida oferta de Movistar Fusión (podemos entender que oferta de R é lixeiramente máis barata e cunha cobertura en Galicia moi superior, pois Fusión só ofrece 100 Mbps onde ten fibra óptica).
Debe estar conectado para enviar un comentario.