O vindeiro sábado: un libro e un dominio .gal

Onte presentouse no Museo do Pobo Galego a campaña Cultiva a Lectura, coa que as librarías galegas repartirán milleiros de marcadores coa compra dun libro a partires deste sábado...

Nani e Edita anuncian a campaña Cultiva a Cultura

Onte presentouse no Museo do Pobo Galego a campaña Cultiva a Lectura, coa que as librarías galegas repartirán milleiros de marcadores coa compra dun libro a partires deste sábado (Día do Libro), que inclúen un código que pode empregarse ao rexistrar dominios de Internet co sufixo .gal en compañías como Dinahosting por só 15 euros (cando o prezo normal supera os 50 euros) de xeito que até podería considerarse que o libro que merquemos sairíanos de balde.

Esta iniciativa que fusiona a lectura e a Rede debería contribuír a mellorar a visibilidade dos dominios .gal, e facilitará o incremento de rexistros, que nos últimos días superou a barreira dos 3.000. A celebración do Día das Letras Galegas tamén debería axudar a incrementar o volume de rexistros para que pouco a pouco vaiamos asentando a posición da nosa lingua e cultura na Internet.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS