Estou a PuntoGal

Hoxe é un día moi importante para a Internet galega, pois a Asociación PuntoGal conseguiu que, tras 7 anos de traballo, o organismo internacional ICANN recoñecese á lingua e...

estouche a PuntoGal

Hoxe é un día moi importante para a Internet galega, pois a Asociación PuntoGal conseguiu que, tras 7 anos de traballo, o organismo internacional ICANN recoñecese á lingua e á cultura galegas a contar cun dominio de Internet de primeiro nivel, de xeito que as páxinas webs galegas e en galego poderán identificarse claramente co sufixo .gal.

camisetas do .gal

Dende a Asociación PuntoGal repartíronse hai anos camisetas coa frase “Estouche a punto Gal”

Mañá teremos a Manuel González, presidente da Asociación, explicando o logro acadado, á vez que detallará o que acontecerá agora, pois tras a aprobación do dominio aínda temos que ter paciencia, pois hai que pasar unha serie de trámites técnicos e burocráticos ata que o dominio de primeiro nivel complete a súa delegación, á vez que teremos que aturar un lento proceso de creación de novos dominios de Internet, que está limitado a uns 20 á semana, o que fai que teñamos que esperar máis de medio ano antes de poder rexistrar o primeiro dominio .gal. Estamos ante unha limitación técnica que busca que se manteña a integridade do sistema de dominios de Internet, que nun principio estaba pensado para albergar só un par de centos do sufixos, polo que os pasos a tomar durante os 2 vindeiros anos teñen que ser moi prudentes para evitar que o sistema falle (o que sería moi grave, pois os dominios son unha parte fundamental da Internet).

Nos vindeiros meses dende a Asociación teremos que comezar a falar sobre o funcionamento do novo dominio (que terá un regulamento de seu) e fomentar as súas bondades para que toda iniciativa, organismo público e empresa que opere na nosa terra anímese a facerse co seu .gal para alzar o que será como a nosa nova bandeira na Internet.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS