Tras o éxito da súa campaña en Verkami, onde xuntou 4.503 euros para financiar o seu disco, videoclip e xira, Silvia Penide vai estrear o vídeo musical do tema Nunca Fue (Neptuno), que contou coa dirección de Lara Capeáns e está protagonizado por caras moi coñecidas do panorama audiovisual galego, as actrices Sabela Arán e Deborah Vukusic.
A presentación do novo clip será ás 19:00 horas na Fnac, nun showcase con cancións en directo do álbum Todo pintado de plata e cun pequeno coloquio con Lara Capeáns. Entre os que compartan o anuncio da presentación en Facebook sortearán unha copia asinada do videoclip, e para os interesados en acudir só podo recomendar que pasen por Spotify para escoitar os novos temas de Penide.
Velaquí un adianto do videoclip:
Debe estar conectado para enviar un comentario.