Nunca Fue (Neptuno) estrea vídeo musical

O pasado venres puiden acudir á presentación na Fnac do vídeo musical do tema Nunca Fue (Neptuno) de Silvia Penide, unha primicia que en boa medida buscaba agradecer aos...

Silvia Penide na Fnac

O pasado venres puiden acudir á presentación na Fnac do vídeo musical do tema Nunca Fue (Neptuno) de Silvia Penide, unha primicia que en boa medida buscaba agradecer aos mecenas que apoiaron a exitosa campaña en Verkami.

No acto estaba programada a presenza de Silvia Penide, interpretando tres temas do novo álbum para quecer o ambiente, para que a directora do vídeo musical, Lara Capeáns, explicase detalles da súa gravación tras a súa proxección en primicia, pero tivemos a sorpresa de que unha das súas protagonistas, Sabela Arán, puido achegarse até alí, enriquecendo coa súa presenza a presentación da que publiquei unhas instantáneas en Facebook.

Esta mañá é cando o vídeo estreouse oficialmente, escollendo como plataforma para o seu lanzamento a páxina web de Mondo Sonoro, de xeito que agora todos podemos ver a creación audiovisual libremente. Un fermoso xeito de escoitar unha magnífica canción de Silvia Penide, e que agora asociaremos cunhas secuencias monocromáticas en tons azuis.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS