#EuPintoConPenide

A cantante e compositora Silvia Penide leva un mes embarcada nunha nova aventura, Todo Pintado de Plata, que é o título que levará o novo disco da artista, e...

silvia_penide_verkami_a3404046cde37364988bd5c5438f39fb

A cantante e compositora Silvia Penide leva un mes embarcada nunha nova aventura, Todo Pintado de Plata, que é o título que levará o novo disco da artista, e que para chegar ao público optou pola cada vez máis habitual fórmula do micromecenado.

Temos así en Verkami unha campaña na que procuran fondos para gravar o álbum, producir un vídeo musical, e facer fronte a algún outro gasto que poida xurdir, para o que só perseguen conseguir 3.333 euros (o que só é a terceira parte do orzamento do proxecto), cantidade que están a piques de superar cando faltan 10 días para o remate da campaña.

Para a promoción desta campaña están a aproveitar, como é habitual no equipo de Penide, das redes sociais, para o que usan o cancelo #EupintoconPenide.

Para animar aos seareiros de Penide a investir neste proxecto, as recompensas con as habituais (copias dos disco, entradas a concertos…) pero tamén teñen cousas como unha bolsa de tea coa imaxe do disco e concertos íntimos da cantante. O curioso é que para este tipo de achegas Silvia puxo nomes curiosos ao tipo de mecenas (Venus, Mercurio, rosel de cometa, buraco de verme…), aínda que coido que foi poco atinada ao definir a recompensa do mecenas Luar (dúo acústico na casa do mecenas, 2 CD asinados, copia do videoclip e bolsa de tea), cando o que debería incluír unha actuación cantando o Apaga o candil con Ghaioso. Iso si que sería épico!

A campaña tamén conta cun vídeo promocional:

O vídeo paga a pena só por ver a Tomi Desastre en plan manager forrado. 😉

Durante a campaña promocional tamén foron dando algúns detalles do proxecto, como o que será a canción ¿Qué había dentro?:

E o feito de que Sabela Arán (Gloria en Serramoura) sairá no vídeo musical é tamén todo un incentivo para apoiar o proxecto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...