Silvia Penide presentou o seu último disco na Coruña

Esta tarde puiden asistir na Coruña á presentación do álbum de Silvia Penide titulado Animal de Compañía, que tivo lugar ás 20:00 no edificio da Fundación NovaCaixaGalicia nos Cantóns....

Fundación NovaCaixaGalicia

Esta tarde puiden asistir na Coruña á presentación do álbum de Silvia Penide titulado Animal de Compañía, que tivo lugar ás 20:00 no edificio da Fundación NovaCaixaGalicia nos Cantóns.

escenario

o gorro friki de Silvia PenideEra un contorno moi íntimo, no que podería definir como o unplugged con máis cables que vin nunca. [icon icon=”0034.png”][/icon] Pero iso de que o público estea repartido en cómodos sofás e puffs a poucos metros da artista durante a súa actuación é todo un luxo que poucas veces podemos permitirnos.

Non faltaba no escenario o gorriño friki de Silvia que podiamos ver nos carteis do concerto, e que lembrábame ao tigre de Calvin & Hobbes, o que facía que esa prenda fose dobremente friki para min.

Tamén teño que destacar que acudín ao espectáculo pola patilla (como diría Ricardo Alonso), pois gañei un par de invitacións para asistir ao concerto precisamente por compartir o seu cartel a través de Facebook.

Silvia Penide en vivo

E unha vez comezado o concerto, a cousa foi como a seda, cun bo ambiente, unha boa acollida por parte do público e un repertorio musical moi ben elixido, entre as que desta especialmente a canción Reventaba que foi a que lanzou a Penido á fama, e que procurei recoller co meu móbil:

Outro detallazo foi unha cover que fixo Silvia do tema Corazón Contento popularizado en España por Pepa Flores Marisol que lembroume ao tratamento que Chiara Mastroianni dera ao tema de Survivor The Eye of the Tiger.

Como compromiso co seu público, Penide despediuse cun «nos vemos en el Facebook». ¡Así dá gusto!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS