Serie de animación de 24

A serie de televisión 24 estrea unha precuela animada co patrocionio de Degree (Rexona, para entendernos). Day Zero é o título destas aventuras de Jack Bauer, que máis que...

A serie de televisión 24 estrea unha precuela animada co patrocionio de Degree (Rexona, para entendernos).
24 Day Zero
Day Zero é o título destas aventuras de Jack Bauer, que máis que debuxos animados é un cómic animado.
Neste momento se poden ver os 2 primeiros capítulos, e gustei do detalle que ó intentar ver a 3ª entrega aparece unha conta atrás indicando o tempo que resta para a súa estrea na Rede.
Os episodios duran 2 minutos que serían 10 minutos na ficción, aínda que iso converte as historias en meras sucesións de momentos emocionantes que non sorprenden a ninguén.
Na mesma web tamén teñen a serie The Rookie:CTU, no que se poden seguir as aventuras dun novato da UAT, esta vez con actores reais.
The Rookie: CTU
Aparte da web oficial, os vídeos de ámbalas dúas series están en YouTube, polo que son doadas de seguir, aínda que polo momento só se poden ver en inglés. Supoño que ó remate das mesmas as dobrarán ó español e as porán nunha web de Rexona en España para tirar proveito do produto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS