Do cómic ó cine: Teen Titans Go!

O vindeiro 14 de agosto o Dr. Extraño terá a súa propia película de animación da que xa podemos ver un adianto: Isto acontece nun momento no que a...

O vindeiro 14 de agosto o Dr. Extraño terá a súa propia película de animación da que xa podemos ver un adianto:
Isto acontece nun momento no que a película dos 4 Fantásticos aínda está de actualidade (e o supergrupo tamén conta con versión animada en Cartoon Network) e cando o proxecto de Iron Man está a xerar novas tódalas semanas (e si, tamén contou con versión animada), polo que non me debería sorprender que agora digan que aprobaron un proxecto para levar ós Novos Titáns ó cine, en vista do éxito da serie de animación, que destacaba polo seu humor e o tema principal do dúo nipón Puffy AmiYumi:
Ver a letra da canción ▼

A min sorpréndeme bastante o asunto pois, aínda que os Titans son un dos meus grupos favoritos, hai que recoñecer que as súas historias son bastante complexas de captar no seu conxunto (típico problema dos supergrupos) e, sabendo que queren que o estilo da película sexa coherente coas últimas películas de Batman e Superman, non sei qué agardar. ¡¿Van facer unha película seria baseándose no éxito dunha serie televisiva cómica?! O razoamento escápaseme un chisco.
Nuevos Titanes nº 1Agora ben, entendendo que van facer a pelícua habería que saber a composición do grupo, porque dubido moito que collan a formación dos comics que facían George Pérez e Marv Wolfman (Robin, Starfire, Changeling, Cyborg, Wondergirl, Kid Flash e Raven) simplemente porque Robin dependería de Batman, Kid Flash de Flash e Wondergirl de Wonder Woman, ou sexa, que apostaría algo a que Robin estaría máis medrado (sería Nightwing), Kid Flash sería Flash ou mesmo Impulso e Wondergirl respondería ó nome de Troia. A verdade é que desexo que esta predición non se cumpra e que collan ó grupo tal e como eu o lembrarei sempre.
Pero, ¿qué levará ós estudos cinematográficos a querer facer unha película dos Titáns? ¿O éxito de X-Men e os 4F? Porque de ser así a aposta debería ser moito máis decidida e deberían facer dunha vez a película da Liga da Xustiza, con Superman, Batman, Wonder Woman, Green Lantern, Flash e o Detective Marcián, aínda que para iso teñan que facer números para non coincidir con películas ou series de televisión de cada un dos personaxes.
Iso si, prefiro mil veces que se animen cunha película dos Titáns a que fagan as segundas partes de Hulk ou o Castigador (como xa están a facer, vaia). E é que se de algo se caracterizan os de Hollywood é de ser mooooi orixinais 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS