Última rolda de vídeos de Star Wars

Xa faltan poucas horas para a estrea española de El Despertar de la Fuerza, e para ir creando expectación velaquí algúns vídeos que puidemos ver nos últimos días. Para...

No me gusta Star Wars - El Musical

Xa faltan poucas horas para a estrea española de El Despertar de la Fuerza, e para ir creando expectación velaquí algúns vídeos que puidemos ver nos últimos días. Para comezar, o máis fresquiño, unha mestura musical a cappella na que moitos dos actores do filme cantan anaquiños das pezas musicais da banda sonora para o programa de Jimmy Fallon:

Logo temos o vídeo que causou furor a nivel español os últimos días, por amosar a historia dun rapaz que non quere decepcionar ao seu pai porque non gusta das películas de Star Wars:

E, a xeito de colofón friki, temos unha curradísima produción na que podemos ver como sería un combate entre Spider-Man e Darth Maul:

Para os que vos resultase familiar ese vídeo, probablemente sexa porque os seus responsables son os mesmos que no verán enfrontaron ao Joker e Harley Quinn con Masacre e Domino.

ACTUALIZACIÓN: A petición de Dorfun véxome na obriga de engadir un vídeo que se me pasou completamente, e que é unha trasnada do Pulpiño Viascón que dá para botar unha gargalladas:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS