Call Me Maybe chega a un novo nivel

Nos últimos días publiquei no blog a versión do Call Me Maybe do Monstro das Gallegas, de Star Wars e de Batman, algo que non lembro que acontecese nunca...

Steve Kardynal
Nos últimos días publiquei no blog a versión do Call Me Maybe do Monstro das Gallegas, de Star Wars e de Batman, algo que non lembro que acontecese nunca con ningún tema musical, e agora volvo ao ataque co novo vídeo que está a arrasar na web, cun taladradísimo Steve Kardynal que colleu a canción para facer unha coreografía vestido cun bikini fronte a webcam do seu ordenador para que usuarios de Chatroulette puideran velo desa guisa e así gravar a súa reacción:

Co que estou a rir nos últimos días co que dá de si a cancionciña coido que vou rematar sendo seareiro de Carly Rae Jepsen. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...