O filme Star Wars: El Despertar de la Fuerza achégase á súa estrea, e para anunciar que hoxe saían á venda os billetes para as salas cinematográficas a nivel mundial estrearon onte un novo cartel da produción, imitando o estilo dos carteis clásicos (obras do xenial Drew Struzan).
Agora, o que temos que facer os que queiramos ver a película é xa máis complicado. Por exemplo, na Coruña temos os seguintes horarios de estrea:
Como vedes, agora hai grandes incógnitas: 3D ou 2D? Espacio Coruña ou Marineda City? Horario de madrugada, de mañá, de tarde ou de noite?
O que queda claro é que con tantos pases non vai haber unha sesión específica na que poidamos agardar unha asistencia masiva, aínda que se en Cinesa non engaden o pase das 00:05 horas coido que Yelmo pode ser o cine friki da estrea (de feito, no momento de escribir estas liñas o sistema de venda de entradas estaba a experimentar problemas, o que parece un bo sinal).
E sobre o 2D e o 3D, hai que avisar de que a película filmouse en 2D, ou sexa, que o 3D é principalmente para os efectos visuais, pero non é unha película que a priori compense ver en 3D. De feito, polo que teño visto, a única película que este ano compense verse en 3D é Marte (The Martian) e a seguinte sería xa X-Men: Apocalypsis en 2016.
Ah, e tamén queda a incógnita de ir ou non disfrazado ao cine. 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.