10 días para a estrea de Jessica Jones

O primeiro tráiler de Jessica Jones xa tiña boa pinta, pero agora que xa temos Netflix en España e a serie estrea segundo tráiler a cousa non podía pintar...

Jessica Jones

O primeiro tráiler de Jessica Jones xa tiña boa pinta, pero agora que xa temos Netflix en España e a serie estrea segundo tráiler a cousa non podía pintar mellor:

Para min a sorpresa é maiúscula, pois confiaba en que a serie se estrease o día 20 a nivel mundial co audio en inglés e subtítulos en español, para estrear dobraxe en español varias semanas despois como aconteceu con outras series (como Daredevil) pero o feito de que este útlmo tráiler estea xa dobrado ao español dá a entender que teremos dobraxe da serie de Netflix dende o primeiro día. Unha magnífica nova para todos os que non gustan de ver series substituladas e un magnífico incentivo para apostar por Netflix. Se as súas series orixinais van chegar dobradas dende o primeiro día a partires de agora serán moitos máis os que se animen a pagar mensualmente polo servizo.

A min tócame agora repasar a colección de Alias para pórme ao día con Jessica Jones e así poder comparar mellor o que acontecía na banda deseñada orixinal e o que teremos finalmente na ficción televisiva.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Black Eyed Peas en plan Teletubbies

    En 2005 o álbum Monkey Business dos Black Eyed Peas foi un exitazo, e aínda que o tema que deixou maior pegada foi Pump It, especialmente polo seu impresionante...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...