X-Men: Apocalipsis estrea tráiler

Estes días El Despertar de la Fuerza está a eclipsar a carteleira cinematográfica, dando a impresión de que non hai máis producións á vista, pero quedan moitas frikadas para...

Profesor Charles Xavier

Estes días El Despertar de la Fuerza está a eclipsar a carteleira cinematográfica, dando a impresión de que non hai máis producións á vista, pero quedan moitas frikadas para o vindeiro mes, e unha delas quixo hoxe darse a valer, e X-Men: Apocalipsis estreou un impresionante tráiler.

Por fin podemos ver en acción a Apocalipsis, e breves instantes nos que sabemos quen serán os xinetes que o acompañarán (Tormenta, Ángel, Mariposa Mental e Magneto). A historia parece que vai distar bastante da dos cómics, e cinguirase máis ao que vimos no último filme, o que parece bastante atinado, xa que o rexuvenecemento cinematográfico dos X-Men goza do favor do público. O único pero que lle poño á película é que é moi probable que o pase mellor vendo a de Masacre. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS