O meu primeiro tren AVE

O pasado domingo estiven por Toys’R’Us e Carrefour mirando xoguetes, e atopei a un compañeiro que me levou ata unha estantería para ver o que considerou a meirande frikada...

Mi primer tren AVEO pasado domingo estiven por Toys’R’Us e Carrefour mirando xoguetes, e atopei a un compañeiro que me levou ata unha estantería para ver o que considerou a meirande frikada do ano: Mi primer tren AVE. A cousa non só é curiosa, senón que incluso era cutre, pois custaba uns 24 euros e parecía que toda a maqueta estaba feita de cartón ou algo igual de chungo, polo que cando esta semana vin en Pixel y Dixel que unha páxina web publicaba o recortable do tren en cuestión quedei un tanto flipado:
Maqueta recortable do AVE
Ou sexa, que ó final con imprimir as maquetas e recortalas se consegue case o mesmo que gastando os cartos no xoguete máis triste do momento. Agora ben, ¿canto tardará alguén en tunear a maqueta con detalles típicos que fagan pensar que o percorrido do tren é Lubián-Ourense?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS