Os galegos temos un punto

Dende a xornada de onte é posible rexistrar dominios de Internet co sufixo .gal de xeito libre, polo que gozar dun indicador na Internet que sirva para reflectir a...
os galegos temos un punto

Imaxe promocional do dominio .gal

Dende a xornada de onte é posible rexistrar dominios de Internet co sufixo .gal de xeito libre, polo que gozar dun indicador na Internet que sirva para reflectir a nosa galeguidade é posible, e a mesma data tamén serviu para activar centos de dominios .gal solicitados na Fase de Lanzamento do dominio de primeiro nivel para a sociedade galega, entre os que estaba marcus.gal, polo que xa leva un día funcionando neste espazo web, pero a partires de hoxe a convivencia será menos harmónica, xa que decidín que esta páxina web pasase a ser oficialmente marcus.gal, de xeito que os usuarios que visiten marcus.es veranse remitidos ao novo enderezo, e incluso os buscadores recibirán unha notificación indicando que as páxinas que enlazan están agora nunha nova localización.

Moitas son as páxinas web que iniciarán nos vindeiros días un proceso de migración, que en bastantes casos terá que ser bastante repousado para evitar problemas (mudar de enderezo na Internet pode dar tantos problemas como facelo no mundo real), pero é todo un pracer ver como é posible visitar espazos na Internet co nomes como crtvg.gal, chuza.gal, www.usc.gal, codigocero.gal… e proximamente cultur.gal e xunta.gal, entre outros. De definitiva, que o .gal xa está definitivamente aquí, e chegou para quedar. Agora a responsabilidade de termos un espazo galego na Rede é máis nosa que nunca.

dinahosting.gal

Os que queiran facerse cun dominio .gal recoméndolle recorrer a Dinahosting, rexistrador acreditado que non só ten unha páxina web en galego e sede en Compostela (motivos dabondo para moitos para confiar neles) senón que tamén ofrecen un prezo moi competitivo (50,45 euros + IVE) e ofrece ferramentas que facilitan a redirección de espazos web e correos electrónicos, de xeito que pódese gozar do dominio contratado dende o primeiro minuto.

Tamén hai compañías como Arsys ou CDmon que ofrecen dominios .gal (a 52 e 52,95 euros + IVE respectivamente), pero é doado comprobar que actualmente son máis caras que a mencionada empresa compostelá, polo que por unha vez non hai que pagar máis por ter un servizo mellor e máis próximo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS