As Metrópoles falan da edición de banda deseñada

Gardar cousas como borrador no WordPress é un perigo, pois acaba quedando aí e logo non hai xeito de darlle saída. E entre os temas que me faltaban por...

Estudio durante a gravación das Lerias

Gardar cousas como borrador no WordPress é un perigo, pois acaba quedando aí e logo non hai xeito de darlle saída. E entre os temas que me faltaban por retomar estaba o das Metrópoles Delirantes, ese podcast sobre a banda deseñada do que visitei a gravación da súa entrega nº 12, e do que tocaba comentar que tamén tiñan un spin-off, De Leria nas Metrópoles, do que tamén puiden asistir como público a unha das súas edicións:

Pero o máis curioso é que, aos poucos días, Nieves Rodríguez e Manu Barreiro visitaron a Carlos Roma no programa Santiago SÍ de Correo TV, para falar da súa iniciativa sonora sobre o mundo das viñetas:

E non só queda aí o asunto, senón que durante o verán tamén temos a Nieves como colaboradora do Galicia Por Diante da Radio Galega, recomendando algunha obra de banda deseñada os mércores un pouco despois das 11:00 horas. Ou sexa, que antes da celebración de Viñetas desde o Atlántico recomendo quecer repasando os podcasts das Metrópoles, vendo o programa de Correo TV e escoitando tamén o servizo á carta da Radio Galega para escolmar todos eses contidos sobre o mundo do cómic de cara á semana do frikerío comiqueiro por excelencia.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo tráiler da película de Wonder Woman

    Tras varios teasers que foron poñéndonos os dentes longos, por fin temos o novo tráiler do filme de Wonder Woman protagonizado por Gal Gadot. Desta volta amósanos un chisco...
  • Novo tráiler de Guardianes de la Galaxia Vol. 2

    A que promete ser a película máis divertida do ano, Guardianes de la Galaxia Vol. 2, estrea por fin o seu novo tráiler, amosando moito máis do que era...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...