Max visita A Coruña esta tarde

Esta tarde ás 18:30 horas o Salón de Actos da UNED na Coruña vai acoller un relatorio de Francesc Capdevila, Max, autor recoñecido co primeiro Premio Nacional do Cómic...

XI Encontros con escritores

Esta tarde ás 18:30 horas o Salón de Actos da UNED na Coruña vai acoller un relatorio de Francesc Capdevila, Max, autor recoñecido co primeiro Premio Nacional do Cómic en 2007, evento que poderá seguirse en directo a través de videoconferencia.

Max

Tras a súa charla tamén será posible conversar con Max e pedirlle que asine algún exemplar, pero para facer máis cómodo o atraco ao ilustrador, este pasará pola libraría de Alita Comics no Orzán de 17:00 a 18:00 horas, o que será unha grande oportunidade para mercar algunha das súas obras e deixar que garabatee algunha cousiña nas súas páxinas para que quede como un excelente recordo do seu paso pola Coruña. A tenda abrirá media hora antes para facilitar a compra de exemplares de Max. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS