Windows Phone, ¿o sistema operativo móbil do futuro?

Na CBS están a botar unha nova serie de ciencia-ficción titulada Extant, que como grandes reclamos ten a Steven Spielberg na produción executiva e a Halle Berry no papel...

Extant

Na CBS están a botar unha nova serie de ciencia-ficción titulada Extant, que como grandes reclamos ten a Steven Spielberg na produción executiva e a Halle Berry no papel protagonista, e que destaca por colocarnos nun futuro no que as misións especiais privadas son algo moi presente, e comeza a aceptarse a presenza de androides na sociedade. Ou sexa, que falamos dun futuro moi avanzado, no que sorprendeume ver que, ao amosar electrónica de consumo, en vez de optar polas tendencias actuais, quixeron ir de alternativos, e no último episodio amosaron unha interface nos móbiles que claramente está baseada en Windows Phone:

Halley Berry co móbil do futuro

Eu adoro a interface gráfica elaborada por Microsoft, polo que considero que foi todo un acerto, e de ter dúbidas sobre o futuro, igual criticaría máis o formato de teléfono, xa que falamos dun dispositivo co tamaño dunha tarxeta de visita, dun material plástico translúcido, que Halle Berry transporta nunha funda de coiro, conceptos que parecen demasiado semellantes aos trebellos actuais, cando eu vexo máis probable que os móbiles busquen tamaños máis grandes e materiais flexibles.

O que está claro é que a nivel conceptual poden facerse cousas moi chulas, e de querer non aparentar algo vello en poucos meses, non poden parecerse aos sistemas operativos maioritarios (pois estes tamén evolucionan: se agora vemos Android 2.3 podemos ter a impresión de que estamos ante algo vello e pasado de moda) e fíxome ilusión que Windows Phone aínda poida transmitir ese aire de modernidade.

ACTUALIZACIÓN (29-8-2014): Pois parece que as miñas sospeitas de que Microsoft é a empresa do futuro en Extant eran correctas, e no dobre episodio desta semana podemos ver un Surface Pro en acción:

Halle Berry usando un Surface Pro en Extant

Este caso de product placement é bastante esaxerado, xa que falamos dunha serie ambientada no futuro (cando dubido moito que continúe a producirse o Surface Pro, e menos co grosor actual). A emisión do episodio coincide co lanzamento do Surface Pro 3 en 28 novos mercados entre os que figura o español. Supoño que será unha coincidencia, pois dubido que na gravación da serie tivesen previsto que a semana pasada e a actual emitisen dous episodios seguidos para captar unha maior atención da audiencia.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...