As viaxes no tempo poden dar moitas voltas

Espérase que o venres da semana que vén chegue ás nosas pantallas a película LOOPER, que colle o concepto de viaxes no tempo en plan Terminator e dálle a...


Espérase que o venres da semana que vén chegue ás nosas pantallas a película LOOPER, que colle o concepto de viaxes no tempo en plan Terminator e dálle a volta. Agora, en vez de mandar a alguén do futuro ao pasado para mudar a historia, a persoa que vén do futuro chega ao pasado para que o maten sen deixar evidencias.
Aínda que o concepto en si mesmo sexa paradoxal, é moi habitual na ficción científica, e con LOOPER incluso parece querer enredar o conto aínda máis, pois o asasino e a vítima son a mesma persoa (o que crea un dilema). Crean así unha situación de conflito que vai dar pé a unha trepidante historia de acción que promete ser do mellor do ano na pantalla grande, e que destaca polo feito de que Joseph Gordon-Levitt (si, o neno de Cosas de Marcianos) tivese que pasar por un proceso de maquillaxe que o fixese colar como unha versión moza de Bruce Willis.
Ao principio a transformación facial de Gordon-Levitt parecíame moi descarada, pero agora que temos o trailer en alta definición diría que só canta nalgunhas secuencias:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • Blade Runner 2049 apunta maneiras

    Chegou a data na que por fin podemos ver a aparencia real que terá o filme Blade Runner 2049, que estrearase en cines o 6 de outubro e que...
  • Novo tráiler de Wonder Woman

    A menos dun mes para a estrea do filme da Muller Marabilla, temos aquí un novo tráiler, que parece querer amosar máis acción, pero continúa sen deixar ver claramente...