25 Xullo, 2014
O último programa de Jimmy Kimmel foi realmente xenial, e incluíu unha reportaxe na que amosan á xente un reloxo Casio ao que pegaron un logotipo de Apple e dixéronlle que era o novo iTime (nome que comentan que terá o que antes coñeciamos como iWatch):
Unha vez máis demostran que Apple ten un campo de distorsión da realidade, aínda que eu co que quedaría é co detalle sobre o tamaño do iPhone que comenta Kimmel. Parece tan probable que Apple saque agora un smartphone grande para logo lanzar tamén un modelo pequeno que mete medo! Eu non apostaría nada a que teremos un iPhone novo no outono e que en primavera sairá o iPhone mini co tamaño de sempre. Será unha broma, pero ¡a min paréceme unha profecía! 😀