5 Xuño, 2014
Veño de descubrir a unha pícara que é bastante célebre no Xapón pola súa habilidade facendo katas de karate (nada que ver con catear), e ao ver que en YouTube temos vídeos nos que seguir a súa progresión, podemos quedar flipadiños.
Primeiro temos a Mahiro con 4 anos, e uns movementos ben aprendidos, aínda que pouco definidos:
A evolución cando a pequena ten 5 anos xa resulta evidente:
Con 6 anos continúa a parecer unha pequeniña:
Pero con 7 xa mete realmente medo:
Que nivelazo! Non quero nin imaxinar como se moverá aos 11 ou 12 anos. Así explícase como conseguen eses niveis de perfección nos campionatos mundiais de karate… comezando dende moi cativos!
Debe estar conectado para enviar un comentario.