Estou bastante desencantado co que DC está a facer coa renovación do seu universo de superheroes porque é un cambio feito sen planificación previa, de xeito que non está...
Estou bastante desencantado co que DC está a facer coa renovación do seu universo de superheroes porque é un cambio feito sen planificación previa, de xeito que non está nada claro o que aconteceu no pasado de personaxes como Superman, Batman ou Green Lantern, ignorando moitos anos de continuidade. Preferiría que tiveran feito unhas Crisis como é debido e non a trapalla que están a desenvolver, aínda que manexen conceptos interesantes.
Clark Kent pon en dúbida a situación actual do xornalismo (e Perry White fala dun tablet chamado Qpad)
Clark Kent exerceu de presentador na WGBS durante varios anosAgardo que manteñan a figura do Daily Planet nas novas historias de Superman, pois é un dos elementos máis significativos da súa identidade, pero aproveito para dicir que este polémico paso é de todo menos orixinal, pois nos anos 70 Clark era presentador de televisión da canle WGBS, curiosamente baixo o mando de Morgan Edge (curiosamente o personaxe que agora leva o Daily Planet e que incluso mudou de cor de pel). Vaia, que non é a primeira vez que intentan dar a impresión de que os xornais sucumbiron fronte a outros medios nos comics de Superman. Agardemos que erren unha vez máis.
A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
O Capitán Marvel era un personaxe moi tópico, que curiosamente tivo unha época na que intercambiaba o seu corpo con Rick Jones (lembrando a Thor ou ao propio Capitán...
Debe estar conectado para enviar un comentario.