Nova peli de superheroes… moi diferente

Aproveitando o tirón de Supermán, en Hollywood veñen de lanzar unha película na que parodian a Supergirl (ou algo así). A peli My Super Ex-Girlfriend, que xa está nos...

Momento da película
Aproveitando o tirón de Supermán, en Hollywood veñen de lanzar unha película na que parodian a Supergirl (ou algo así). A peli My Super Ex-Girlfriend, que xa está nos cines norteamericanos e chegará a España en outubro cun título por determinar, conta como un rapaz ten problemas ó deixar á súa moza (Uma Thurman), que resulta ter superpoderes e uns problemas mentais de carallo coma se pode ver no trailer da peli:

Na peli non se cortan en facer referencias a outras pelis coma Superman (que supoño que sería a súa fonte de inspiración):
Uma voando con Luke Wilson

O mellor da película (que ten pinta de ser bastante ridícula) está na promoción que fixeron na Internet pois, por unha banda, publicaron un xogo no que hai que tomar o papel do prota da peli para esquivar os obxectos que nos lanza a superheroína, tamén fixeron unha web para aconsellar á xente sobre cómo rachar relacións coa súa parella e, finalmente, crearon un servizo que permite deformar webs para vingarnos dunha ex-parella (como exemplo podedes ver qué pasaría se deixase o do bigote á súa señora).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS