Na nova peli de Spider-Man van saltar chispas

Xa temos trailer de The Amazing Spider-Man 2, filme no que o Home Araña enfrontarase a Electro e a outros inimigos (esperemos que non se convirta nunha feira de...

Xa temos trailer de The Amazing Spider-Man 2, filme no que o Home Araña enfrontarase a Electro e a outros inimigos (esperemos que non se convirta nunha feira de monstros como Spider-Man 3).

Cando menos manteñen a Gwen Stacy e pasan de M. J. Watson, personaxe que non ten ningún sentido como moza de Peter Parker nas súas primeiras aventuras.

O que non queda nada claro é cando veremos a película en España, pois nos EE.UU. estréase o 2 de maio, pero curiosamente noutros países comezará a proxectarse a partir do 17 de abril. ¿Teremos a fortuna de por vela o 18 ou o 25 de abril?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS