Por fin vemos ao novo Spider-Man

“Ola a todos” é o primeiro que escoitamos dicir ao novo Spider-Man cinematográfico que verá a luz na nova película do Capitán América que vén de estrear o seu...

“Ola a todos” é o primeiro que escoitamos dicir ao novo Spider-Man cinematográfico que verá a luz na nova película do Capitán América que vén de estrear o seu segundo tráiler oficial:

Desvelouse o misterio, e xa podemos ver detalladamente o traxe do trepamuros, que desta volta atreverase a seguir os pasos de Masacre, e parece que terá certas animacións na cara (cando menos, nos ollos) o que permitirá que non lle esteamos a ver a cara constantemente ao actor como acontecía nos outros filmes (e que está de máis se queremos que a súa identidade segreda non sexa unha burla).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS