Dáme un pouco de vergoña ver coma están a facer uso político dos superheroes para quedar ben e, de paso, vender máis exemplares, e o número 583 de The Amazing Spider-Man é o mellor exemplo. Sobra dicir que a historia ten un final feliz:
Nin me molesto en avisar do spoiler porque quitando o exotismo histórico do exemplar, queda claro que a trama está metida con calzador. E o que aínda é peor, leva a debuxantes coma Rob Liefeld a facer unha portada alternativa do número de febreiro de Youngblood:
As series de comics deberían deixar de lado a actualidade para non ter unha cronoloxía tan confusa, pois hai personaxes que levan 70 anos coa mesma idade, polo que se cruzan con tantos presidentes que fan que a continuidade sexa imposible de soster.
Agora que falta un mes para o comezo da campaña electoral en Galicia aproveito para declarar que non quero ver ningún cómic con Touriño, Quintana ou Feijóo acompañando aos Bolechas (nin a outros personaxes de cómic). Coido que xa chegou con que Superlópez visitase a Paco Vázquez cando loitou contra o Monster Chapapote (Superlópez, non Vázquez), aínda que admito que os políticos deberían ser máis tolerantes coas súas parodias (unha mágoa que non teñamos galenecos na TVG).
15 Xaneiro, 2009