Non é que eu sexa un grande seareiro de Eminem, pero o seu vÃdeo musical para o tema Rap God paréceme unha xenialidade, que comeza amosándonos a un Eminen caracterizado de Max Headroom (o primeiro presentador de televisión xerado por ordenador, que participaba nunha serie televisiva co seu nome que podiamos ver na TVG a finais dos 80) e continúa dixitalizando ao rapeiro ao metelo no xogo de Super Mario Bros. e tamén en Portal. Unha xenialidade que supoño que serÃa obra do director do clip, Rich Lee, ao que haberá que terlle o ollo posto enriba.
Nun principio parecÃanme algo raras as referencias de Eminem no vÃdeo e na canción, ata que comprobei que tiña 41 anos (pensaba que era bastante máis novo), o que dáme a entender que ten máis frescas as memorias de frikadas como as que cito.
Debe estar conectado para enviar un comentario.