Ruído celestial de impresoras de agullas

Aínda lembro con horror cando usaba na casa a miña impresora de 9 agullas, co seu ruído infernal que non podía evitarse nin poñendo música a través duns auriculares,...

Aínda lembro con horror cando usaba na casa a miña impresora de 9 agullas, co seu ruído infernal que non podía evitarse nin poñendo música a través duns auriculares, polo que pareceume unha xenialidade que alguén conseguise trucar unha impresora para converter ese escándalo acústico en música:

Ao parecer, a impresora é capaz de reproducir ata 21 notas á vez, e para reproducir música chega con cargarlle un tema en formato MIDI (¡ou incluso tocar un tema en directo cun teclado MIDI!). A elección musical do vídeo é ideal para probar esta curiosidade tecnolóxica (cando menos a min paréceme o mellor tema da canle de Vimeo deste proxecto). Rocky! Rocky! Rocky!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS