Os Teletubbies preguntan que che pica

Robert Jones, un deses tolos que fai vídeos bastante entretidos para YouTube, como no que mestura escenas de películas dos anos 90 na que pode verse á xente bailand...

Robert Jones, un deses tolos que fai vídeos bastante entretidos para YouTube, como no que mestura escenas de películas dos anos 90 na que pode verse á xente bailand ao son do The Bad Touch de The Bloodhound Gang, vén de facer unha xenialidade ao coller o tema Get Ur Freak On (que ben podería ter unha versión de Páramo Pictures dicindo Que Che Pica) de Missy Elliott e acompañalo con secuencias do programa dos Teletubbies.

Temos así un clásico do hip hip mesturado cun clásico da televisión infantil, e vendo o resultado o certo é que parece que Tinky Winky, Dipsy, Laa-laa e Po poderían dar vida a case calquera canción que se nos antolle. Vaia, que calquera día os vemos versionando a Xil Ríos!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS