Grazas ao anuncio do lanzamento do libro Siri & Me: A Modern Love Story souben doutra obra do seu autor, David Milgrim, que publicou o ano pasado baixo o pseudónimo Ann Droyd (alcume que parece posto por Gomaespuma), e que conseguiu vender máis de 120.000 copias. O libro Goodnight iPad é unha parodia dun clásico de 1947, Goodnight Moon, actualizándoo ao mundo de hoxe, cunha chea de trebellos electrónicos no fogar, e cunha chea de frases xeniais como “there were 3 little NOOKs with 10.000 books” ou “BlackBerry ringing with Eminem Singing”, como podedes ver no seu vídeo promocional:
Agora que o penso, ata nótase que o libro é do ano pasado, porque as BlackBerry agora xa non están ben vistas. De todos os xeitos, parece un libro entrañable a ter en conta. Ata estou a pensar en mercalo en papel.
Debe estar conectado para enviar un comentario.