O Wrecking Ball revoluciona Chatroulette

¿Lembrades a tolería que fixera Steve Kardynal co Call Me Maybe de Carly Ray Jepsen? Pois agora atrévese a facer o mesmo co Wrecking Ball de Miley Cyrus, para...

Wrecking Ball en Chatroulette

¿Lembrades a tolería que fixera Steve Kardynal co Call Me Maybe de Carly Ray Jepsen? Pois agora atrévese a facer o mesmo co Wrecking Ball de Miley Cyrus, para o que decidiu tirar proveito de Chatroulette, conseguindo un resultado divertidísimo, que non me sorprendería que desaparecese de YouTube, como xa aconteceu con outros vídeos de Kardynal.

Coido que o novo vídeo leva medio millón de reproducións en 3 horas. ¡Alucinante!

ACTUALIZACIÓN: 1,8 millóns de reproducións en 7 horas. ¡Unha tolería!

ACTUALIZACIÓN (27-11-2013): 10 millóns de reproducións en 20 horas. Se chega a meterlle publicidade ao vídeo igual sacaba uns cartiños da broma.

BONUS TRACK: Pero Kardynal non parece ser o único que fai burla de Wrecking Ball, senón que a propia Miley Cyrus parece tomar o tema a cachondeo nas súas actuacións:

Chega a usar o Talking Tom Cat e xa sería a repanocha.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS