Wismichu supera os 400.000 subscritores

Cando falei por primeira vez neste espazo do fenómeno do youtuber coruñés Wismichu, a súa canle en YouTube sumaba máis de 219.000 subscritores e 7,4 millóns de reproducións dos...

Wismichu en Alita

Cando falei por primeira vez neste espazo do fenómeno do youtuber coruñés Wismichu, a súa canle en YouTube sumaba máis de 219.000 subscritores e 7,4 millóns de reproducións dos seus vídeos, e só tres meses despois temos que os seus vídeos xa se viron preto de 19 millóns de veces e estes días está a superar os 400.000 subscritores, o que, de seguir así, vai converterse en poucos días en medio millón, deixando claro que na Internet somos moitos tolos interesados nas frikadas dun rapaz que un grande descoñecido ata que se lle deu por gravar divertidos vídeos en Chatroulette.

Para celebrar as súas 400.000 reproducións en YouTube, Wismichu estreou un vídeo musical bastante absurdo (a canción pode descargarse de balde de MEGA) que serve de mostra do tipo do humor que resulta do agrado de moitos milleiros de persoas que pican no botón de subscribirse para non perderse ningunha das tolerías de Isma e os seus amigos:

Teño que preguntarlle a Sanmi o que tivo que pagarlle a Wismichu para facer semellante publicidade da súa tenda [icon icon=”0034.png”][/icon], e se soltou a pita en euros ou en wismichudollars (a única moeda capaz de rivalizar cos bisondólares).

E para os que estean a descubrir agora este fenómeno, nada mellor que ver o recompilatorio cos seus grandes éxitos en Chatroulette:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS