Os Melidaos pechan agosto en Redondela

Por se alguén quere despedir o mes escoitando ao Melidaos, terá unha boa oportunidade na XII Noite da Lúa Meiga de Redondela, que celébrase o vindeiro sábado. O evento...

Os Melidaos

Por se alguén quere despedir o mes escoitando ao Melidaos, terá unha boa oportunidade na XII Noite da Lúa Meiga de Redondela, que celébrase o vindeiro sábado. O evento contará coa participación da formación melidense segundo indica un comunicado que recibín a pasada noite:

OS MELIDAOS ACTUARÁN NA XII NOITE DA LÚA MEIGA DE REDONDELA

O concerto dos “gaiteiros que cantan” será este sábado, 31 de agosto, en O Viso (Redondela)

O grupo de música tradicional Os Melidaos seguirá este sábado, 31 de agosto, coa presentación do seu segundo disco que leva por título “Axudádeme a cantar”. Será no festival Noite da Lúa Meiga a celebrar en O Viso (Redondela) e que, neste ano 2013, chega á súa decimosegunda edición.

Un ano máis, o Colectivo Lúa Meiga organiza no Miradoiro do Monte Outeiro Grande o festival Noite da Lúa Meiga. Dende ese privilexiado escenario poderá verse a Enseada de San Simón, a Ría de Vigo e apreciar unha estupenda vista xeral de toda a comarca.

A XII Noite de Lúa Meiga conta este ano no seu cartel coas actuacións musicais das pandereteiras Terra Meiga, Os Melidaos, Os Fondaos do Pífaro, Os Terribles de Donas e Os Carunchos.

Os Melidaos seguen dando a coñecer o seu segundo disco por diferentes lugares da xeografía galega. Para Os Melidaos “é moi importante poder actuar en festivais e compartir cartel con grupos galegos de enorme calidade”. Antes desta cita con Redondela, Os Melidaos xa actuaron neste 2013 en Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Monforte, Miño ou Lugo e, máis recentemente, na XXV edición de A Esmorga Folk de Bandeira.

Os Melidaos están encantados por poder actuar en Redondela e facelo, por segunda vez neste mes de agosto, a carón de grupos coma Os Carunchos, considérano todo un premio. Como xa recoñeceron en varias ocasións, Os Melidaos teñen como referentes musicais aos Coros Históricos e a grupos galegos coma Os Carunchos “por ofrecer calidade, variedade, emoción e sobre todo honestidade a hora de defender o patrimonio musical, que por ser inmaterial, é tan maltratado en moitísimas ocasións”.

Os sete gaiteiros que cantan dedican o seu último traballo “Axudádeme a cantar” ás súas familias e “a todos aqueles músicos tradicionais anónimos que, sen ningún tipo de recoñecemento oficial, teñen o noso máis profundo respecto e admiración por levar dentro de si a identidade do noso País”.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS