O cosplay é para as convencións

Os de Sneaky Zebra volven a agasallarnos cun vídeo amosando os moitos cosplayers que van a unha convención Friki. Desta volta tócalle á Comic Con de San Diego, e...

Os de Sneaky Zebra volven a agasallarnos cun vídeo amosando os moitos cosplayers que van a unha convención Friki. Desta volta tócalle á Comic Con de San Diego, e podemos ver moitos disfraces que son unha auténtica obra de arte.

O mecha que sae ao comezo é impresionante (¡vaia curro!); ver ás Tartarugas Mutantes actuais (moi sorrintes) e a uns fulanos facendo de Bebop e de Casey Jones fíxome ilusión (aínda que o feito de que Casey fose unha muller pareceume algo raro); a maquillaxe do novo Joker quedou moi logrado; o Rocketeer quedou moi logrado; o Pingüín das pelis de Tim Burton estaba logradísimo; os personaxes de BioShock Infinite parecen querer converterse en habituais deste tipo de eventos; as caracterizacións de Vomito e Casco Oscuro de Spaceballs tiñan o seu aquel; os tolos co dick-in-a-box fixéronme a súa graza (pero son unha broma difícil de pillar); a entrada en escena do Spider-Man co traxe negro quedo guai (aínda que o traxe sexa bastante básico); o Iron Man cun ferro na man pareceume un detalle simpático e o demo do final… parecía máis propio dunha película que dun evento público. Agora, a agardar a ver máis cousas igual de alucinantes en vindeiros encontros frikis…

 

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS