TEDxGalicia 2012: segunda quenda

Continuando a falar da pasada edición do TEDxGalicia, chega un segundo grupo de relatorios que serviron para pechar a sesión de mañá do pasado venres, comezando polo piloto José...

Continuando a falar da pasada edición do TEDxGalicia, chega un segundo grupo de relatorios que serviron para pechar a sesión de mañá do pasado venres, comezando polo piloto José Luis Abadín, que instou a seguir un soño narrando como comezou cos karts (¿en plan Super Mario?) para chegar a Fórmula 2 e 3.

Logo tivemos á deseñadora industrial Marta Falcón defendendo a importancia do deseño cunha mensaxe moi atinada, pero que quedou un chisco diluída polos seus nervios. A rapaza estaba coma un flan e espero poder vela falar en público no futuro, pois estou certo de que collerá confianza, xa que os seus argumentos eran sólidos.

Outra vez máis, temos unha intervención tan forte que eclipsa a todas as das súa quenda, pois a sorpresa da xornada foi para moitos Nacho Iglesias, un árbitro de fútbol de primeira división que quixo deixar claro que pese a ser unha figura odiada por boa parte da poboación, son auténticos apaixonados polo seu traballo, e cómpre dignificar a súa profesión. Toda unha lección que de seguro que fan súa moitos outros colectivos que non gozan de recoñecemento social.

O empresario Marcos Rodríguez da empresa Formato Verde, destacou as bondades da crise como oportunidade para reinventarse, o que moitos emprendedores teñen claro, e que iso de renovarse ou morrer non é un tópico, senón un lema que cada día está máis vixente. Fíxome especial graza que este profesional do equipamento para a recollida lixo levase na man durante a súa presentación un pequeno colector de plástico na man. Detalles como ese poden servir para que lembremos a súa posta en escena.

Antes de saír a xantar tivemos no salón de actos da Tecnópole ao profesor Jorge Mira, a quen estamos afeitos a ver en Cifras e Letras, pero que desta volta parecía ter unha fixación cunha letra en concreto (o X) pois centrou o seu relatorio no sexo e na evolución, dando a entender que a selección natural é a que nos define, sendo as mulleres as que cicelaron aos homes ao longo dos séculos. Unha exposición divertida, que serviu de fonte para moitas bromas cando pola tarde saíu a escena a cantante Patricia Moon.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • Como ser Armario Empotrado chega aos escenarios

    O vindeiro venres estréase na Illa de Aurousa o novo espectáculo de Marcos Pereiro, Como ser Armario Empotrado, un monólogo que durante un par de meses percorrerá Galicia en...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...
  • LGx15 en YouTube

    O pasado 24 de novembro celebrouse a segunda edición do LGx15 organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), e nas últimas semanas foron subindo á súa...