Apoia ó PuntoGal

A páxina web da Asociación PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para ofrecer a opción de apoiar individualmente a reivindicación do dominio propio para a lingua e a...

Asamblea fundacional da Asociación PuntoGal

A páxina web da Asociación PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para ofrecer a opción de apoiar individualmente a reivindicación do dominio propio para a lingua e a cultura galegas. A partir de agora calquera pode asinar na páxina para deixar constancia do seu apoio ao PuntoGal.

Banner do PuntoGal

Deixar a sinatura é moi sinxelo: premendo na ligazón ‘Anotarse‘, que se atopa dento da sección de ‘Apoios Individuais’, aparece un formulario do que, unha vez cuberto, só se amosarán na páxina o nome e apelidos da persoa apoiante.
En poucos días xa se acadaron varias ducias de apoios individuais, pero temos que acadar que se sume máis xente que ó Xabarín Club 😉
Eu xa asinei, ¿a qué agardas ti?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS