Os móbiles en Discovery Max

Parece que a canle Discovery Max colleulle o gusto á tecnoloxía, e tras a boa acollida do seu documental sobre Steve Jobs, anuncian para esta noite (repetirase o sábado...

Parece que a canle Discovery Max colleulle o gusto á tecnoloxía, e tras a boa acollida do seu documental sobre Steve Jobs, anuncian para esta noite (repetirase o sábado ás 17:55 horas) un especial da serie Y El Mundo Cambió dedicado á revolución que supuxo a telefonía móbil, ilustrada co punto de vista de persoeiros nacionais e internacionais e contando coa xornalista Ángels Barceló como mestra de cerimonias deste documental. Velaquí o seu anuncio:

O programa emitirase ás 22:30 horas, e unha hora despois completarase con La Generación del Móvil, unha reportaxe que amosará dende os primeiros modelos de teléfono móbil ata os modelos de última xeración. Un bo xeito que ocupar a noite, facendo memoria e recoñecendo os valor que tiveron os avances tecnolóxicos que mudaron radicalmente o xeito de comunicarnos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS