Documental sobre Steve Jobs en Discovery Max

Esta noite a canle Discovery Max, dispoñible en aberto na TDT, botará ás 22:30 horas o documental Steve Jobs, el hombre que revolucionó el mundo (iGenious: How Steve Jobs...

Esta noite a canle Discovery Max, dispoñible en aberto na TDT, botará ás 22:30 horas o documental Steve Jobs, el hombre que revolucionó el mundo (iGenious: How Steve Jobs Changed the World), que presenta numerosos testemuños sobre a figura do co fundador de Apple e que pode resultar interesante para moitos, aínda que quixera advertir de que é demasiado compracente, resultando máis unha homenaxe que outra cousa.

Despois dese documental, na mesma canle tamén emitirán Revolución iPod, peza na que analizan a revolución que supuxeron os reprodutores multimedia portátil de Apple, que aínda que están lonxe de monopolizar o mercado, foron a icona do cambio que levou á defunción o CD, soporte que botou a andar co álbum 52nd Street de Billy Joel hai 30 anos casualmente un 1 de outubro.

A estrea destas reportaxes en aberto lévame a cavilar nunha cousa: ¿terá boa audiencia o programa? Porque o documental en español leva 10 meses rulando pola Rede, polo que o normalmente é que os que teñen un interese grande no mesmo xa o viran pero, ¿lanzaranse moitos a sintonizar Discovery Max polo mero feito de tuitear sobre o tema pola noite? Supoño que máis dun seareiro da compañía da mazá fará tan, ¿verdade?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...