Un móbil con ghotas

O mercado logra crear certa demanda de produtos de xeito que, aínda que hai unha década apenas houbese xente con móbil, hoxe ten un terminal todo dios e a...

Cell Phone FlaskO mercado logra crear certa demanda de produtos de xeito que, aínda que hai unha década apenas houbese xente con móbil, hoxe ten un terminal todo dios e a xente o renova periodicamente pese a non ser preciso. Aparecen tamén moitos adictos á tecnoloxía ós que lles vai mal se non teñen o último produto á venda. Pero agora chega un móbil innovador que adorarán tecnófilos e tecnófobos. Non falo do iPhone de Apple, do último de Motorola ou do que sae no anuncio de Vodafone, refírome ó Cell Phone Flask, que pese a non conectar con redes GSM nin UMTS (3G), non ter GPS, non ter cámara e nin sequere acender podería ter moi boa acollida os venres e sábados pola noite porque ten unha capacidade duns 114 mililitros.
Véndeno na Internet a 12,95 dólares (9,63 euros) e dá totalmente o pego coma terminal de telefonía o que o converta na auténtica petaca 2.0. Un sistema orixinal de colar alcool nun garito sen que se decaten os camareiros, para poder cargar así os refrescos con fluídos que non proveñan dun garrafón 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...