15 Novembro, 2012
Nun momento no que a web está chea de vídeos de xente parodiando o Gangnam Style, mola que os da serie The Big Bang Theory lembrasen o anterior ghit en YouTube, o Call Me Maybe de Carly Rae Jepsen.
Crin que xa non ía pór ningunha outra parodia do Call Me Maybe, pois co Monstro das Galletas e Batman cantando o tema xa era dabondo, pero se son Penny e os seus amigos os que fan o propio só podo engadir: Bazinga! (ou “zas, en toda la boca” se vedes a serie en español).