A TVG segue a cambiar de imaxe

La Voz de Galicia continúa a anunciar o cambio de imaxe da TVG, esquecendo que o logo xa cambiou hai varios días: Novos rostros nos informativos da TVG A...

La Voz de Galicia continúa a anunciar o cambio de imaxe da TVG, esquecendo que o logo xa cambiou hai varios días:

Novos rostros nos informativos da TVG
Novos presentadoresA Televisión de Galicia muda de imaxe e comezará mañá a incorporar os cambios, que afectan tanto á cor corporativa da canle autonómica como á incorporación dun novo logotipo, a letra G.

Pero ademais a renovación na TVG tamén afecta a todo o material de traballo, dende os micrófonos ata os platós nos que traballan os xornalistas. A emisora pública galega reuniu para retratalo ao equipo de presentadores de informativos no seu estudio.

Non sei se de verdade haberá unha renovación de caras profunda, xa que hai xente que leva na TVG moito tempo, e dubido moito que os quiten de antena, así que coido que só cambiarán os presentadores principais… pero xa se irá vendo…

Coido que a meirande parte da xente prestará máis atención á volta dos Novos:

Volve unha serie mítica na Galega
Os NovosProduciuna a BBC en 1982, e emitiuna a Galega nos anos oitenta. A serie Os novos acadou tal éxito que desde aquela recibíronse en San Marcos (por teléfono, carta, mail…) moitas peticións para a súa reemisión. Son catro estudantes preguiceiros e antagónicos, que viven nunha casa en ruínas no centro de Londres. Neil, Vyvyan, Sid e Mike. Regresa con nova dobraxe.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS