¡A que está a lear Paula Vázquez!

Parecía que os famosos españois tiña aprendido a lección de Jordi “tu puta madre, guapa” González e David “pirámides” Bisbal en Twitter, pero agora chega Paula Vázquez e vai...

Parecía que os famosos españois tiña aprendido a lección de Jordi “tu puta madre, guapa” González e David “pirámides” Bisbal en Twitter, pero agora chega Paula Vázquez e vai un paso máis adiante, pois tras publicar unha fotografía na que podía verse o seu número de teléfono, veu como moitos dos seus máis de 200 mil seareiros intentaban contactar con ela a través de WhatsApp e incluso chamándoa, o que interpretou como acoso e, en vez de facer como outras figuras públicas ás que lle pasou algo semellante (que cancelaron a liña e contrataron outro número de teléfono) non se lle ocorreu outra cousa que publicar os números de teléfono dos que a acosaban, violando claramente a Lei de Protección de Datos, polo que non sería de estrañar que un dos afectados decidise denunciala, pois non esquezamos que foi a propia presentadora de televisión a que publicou o seu número de teléfono.

Para rematar a faena a anécdota converteuse en Trending Topic (como Paula Vázquez e co hashtag #PeliculasCon678788887), e agora non só circulan copias da imaxe publicada por Paula (que retirou ao decatarse da súa metedura de zoca), senón que tamén deu pé a numerosas bromas:

Resúltame especialmente simpática a seguinte:

Non desexo nada malo á ferrolá máis televisiva, pero está claro que actuou como unha nena pequena, e tería que terse informado antes de reaccionar dun xeito tan radical. O seu número de teléfono premium pode dalo por perdido, e por desgraza gañou a pulso un capítulo en todos eses cursos de Community Manager nos que poñen exemplos do que non hai que facer na Internet.

ACTUALIZACIÓN: Paula Vázquez detalla en Twitter que recibiu 3.689 chamadas, 1.623 mensaxes de texto, 258 mensaxes de voz e 6.384 mensaxes de WhatsApp, criticando o derroche económico que supoñen (parecendo ignorar que as comunicacións por WhatsApp son de balde e que as chamadas non establecidas tamén son gratuítas).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS