¿Cal é o teléfono de Megan Fox?

¿Lembrades á moza que sae nos Transformers? Si, a Megan Fox (¡menudo apelido!). Pois acabo de ver unhas fotos que confirman que é unha friki por partida dobre: Si,...

¿Lembrades á moza que sae nos Transformers? Si, a Megan Fox (¡menudo apelido!). Pois acabo de ver unhas fotos que confirman que é unha friki por partida dobre:
Megan Fox tapándose do solMegan Fox á sombraMegan Fox sorrindo
Si, si, aparte do “ai, omá, que rica” supoño que vos dariades conta dos detalles. Por se acaso, velaquí os elementos aos que hai que mirar (e non aos que se lle vai a vista a un):
Megan Fox en detalle
Funda para o iPhone modelo Agent18 ShieldSi, si, Megan confirma que é toda unha friki que non se conforma con protagonizar unha película de robots xigantes, senón que tamén viste camisetas de Star Wars e está chea de tatuaxes. Vaia, que de seguir así vai quitarlle o posto a Angelina Jolie como actriz friki (e para frikis).
Pero o que me tiña sorprendido era o cacharro que levaba na man, pois me resultaba familiar… si, ¡é un iPhone! O que pasa é que nun principio resulta difícil de recoñecer porque leva posta unha funda Agent18 Shield de cor branca que lle dá unha aparencia distinta ao terminal (á vez que o protexe de danos que poida padecer co uso diario).
Supoño que o iPhone será o modelo vello (non me imaxino á Fox facendo cola para mercar o novo terminal, cando este é menos bonito que o anterior… ¡e menos exclusivo!) e agora pregúntome: ¿canto tardaremos en ver a famosos/as en España facendo gala de ter un iPhone?
Iso si, en casos coma o de Megan Fox o móbil coido que se ve máis por necesidade que por ostentación (se o levase no peto dos seus vaqueiros o terminal sería historia)
Ah, e respondendo á pregunta do título, o teléfono de Megan Fox é o 555 ** ** ** 😛

ACTUALIZACIÓN: Os de Geek In Love tamén sucumbiron ante o frikerío de Megan Fox.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS