Cartel sobre a débeda municipal en Melide

O PP de Melide vén de remitirme por correo electrónico o seguinte texto (que coido que era o que estaba pendurando nalgún escaparate a pasada fin se semana): O...

O PP de Melide vén de remitirme por correo electrónico o seguinte texto (que coido que era o que estaba pendurando nalgún escaparate a pasada fin se semana):

O PARTIDO POPULAR QUERE INFORMAR Ó POBO DE MELIDE

EN TAN SÓ 4 MESES DE GOBERNO A DÉBEDA DO CONCELLO PASA: DUN 24% A UN 47% CO ACTUAL GOBERNO. (BNG-PSOE). O BNG-PSOE AUMENTAN O GASTO DE PERSOAL NUN 9,09%, CUN POSTO DE ASESOR DE COMUNICACIÓN PARA A ALCALDESA, CUN SOLDO DE 1.200 EUROS O MES E ELIXIDO A DEDO.

O GASTO DO DÍA A DÍA (GASTO CORRENTE), AUMENTASE NUN 4% E A SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS NUN 28%.

¿CREEN VOSTEDES QUE ESTA E UNHA POLÍTICA DE CONTENCIÓN DE GASTO?

¿NON DICÍAN QUE SOBRABA O 60% DOS EMPREGADOS MUNICIPAIS E AGORA O ÚNICO QUE FAN E INCREMENTAR O NÚMERO?

O ACTUAL GOBERNO PIDE UN PRÉSTAMO DE 838.171,85 EUROS (140 MILLÓNS DE PESETAS) COMO DESCULPA PARA PAGAR A DÉBEDA.EN CONCRETO O ARRANXO DA PISCINA, CANDO ESTE GASTO NON LLE PERTENCE PAGALO ÓS MELIDENSES, SENÓN A EMPRESA CONSTRUTORA OU A DEPUTACIÓN PROVINCIAL (ALGO DO QUE SEMPRE FIXO CASO OMISO SOCORRO CEA CANDO ERA DEPUTADA).

O PARTIDO POPULAR CRITICA QUE SE HIPOTEQUE O CONCELLO DURANTE 15 ANOS PARA MERCAR UN FORNO NO LEBOREIRO (10.818 EUROS) , UNHA CASA EN FURELOS (13.000 EUROS), UN TRANSFORMADOR EN SANTA MARÍA QUE NON LLE PERTENCE PAGALO AO CONCELLO, ENTRE OUTRAS COUSAS.

OS DATOS DA CHARLA INFORMATIVA NUN RESTAURANTE DA VILA NON COINCIDEN EN ABSOLUTO COS DATOS OFICIAIS DADOS A COÑECER NO PLENO DO DÍA 8 DE OUTUBRO. FALÁNDOSE NA PRIMEIRA DUN ENDEBEDAMENTO DE 900 MILLÓNS E NO PLENO DO CONCELLO , DE POUCO MAIS DE 100 MILLÓNS DE PESETAS.

PREGUNTARANSE VOSTEDES:

¿CANDO SE LLE CONCEDE UN PRÉSTAMO A UN CONCELLO?

REXESE POR LEI. TAN SO SE CONCEDE CANDO O CONCELLO TEN AFORRO NETO POSITIVO.

ÁNXELES VÁZQUEZ DEIXOU O CONCELLO CON AFORRO NETO POSITIVO E AGORA BNG-PSOE FAN UNHA POLÍTICA “ALEGRE” SEN IMPORTARLLES HIPOTECAR O CONCELLO PARA COUSAS SECUNDARIAS DURANTE 15 ANOS.

O ACTUAL GOBERNO INTENTA MANIPULAR A XENTE.

OS PLENOS QUE LLE INTERESAN Ó BNG/PSOE CONVÓCANOS POLA NOITE, PERO O PLENO ONDE FIXARON AS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS E OS SOLDOS (POR CERTO UNHA DEDICACIÓN EXCLUSIVA MÁIS QUE O PARTIDO POPULAR E 20 MIL EUROS MAIS EN SOLDOS) CELÉBRANSE ÁS 10 DA MAÑA.

O PP PIDE QUE TÓDOLOS PLENOS SEXAN Á MESMA HORA.

Quitando o feito de que as maiúsculas fan difícil de ler o contido, hai que recoñecer que moitas das argumentacións que se fan agora teñen que responderse axeitadamente. As dúbidas que expón o PP as teñen moitos melidenses e cómpre deixar as cousas claras.

Reitero que me parece unha vergoña que aínda non se diga cal é a política municipal no tocante ó pesoal (pois foi un dos temas máis denunciados cando o PP estaba no poder na vila) e non sei que é iso do asesor de comunicación (¿alguén sabe de qué vai iso?). Tamén considero que as cousas que o BNG e o PSdeG denunciaron nunha sesión informativa se deberían publicar por escrito detalladamente, para poder contrastar as diferenzas económicas que menciona o PP.

En definitiva, que agradecería algo de transparencia.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS