Toca pór a parir ao iPhone 5

Como , toca pór poder o novo móbil, no que xa é unha moda. Para comezar, chega con retratar ao tipo de xente que facía cola para mercar o...

Colas para mercar o iPhone 5
Como , toca pór poder o novo móbil, no que xa é unha moda.
Para comezar, chega con retratar ao tipo de xente que facía cola para mercar o móbil da mazá (Sam Roberts aínda captou a máis fauna curiosa no exterior da tenda):

Logo está o tema que durante a semana pasada foi o branco das críticas: o horrendo sistema de mapas que inclúe iOS 6. Agora, aos dispositivos móbiles de Apple que teñan un sistema operativo actualizado, en vez de gozar dos mapas de Google, teñen unha ferramenta a medio facer que por sorte causa máis risa que mágoa:

De todos os xeitos, non me preocuparía polo tema, pois Google Maps continúa a estar dispoñible vía web, e é moi probable que tamén chegue a xeito de aplicación en breve.
iPhone 5 rabuñado
Nas últimas horas xurdiu unha nova polémica ao redor do móbil de Apple, pois aínda que só está á venda dende o paado venres (e en poucos países) comezaron a rexistrarse queixas de usuarios que aseguran que o iPhone 5 presenta rabuñaduras ao sacalo da caixa ou ás poucas horas, o que inicialmente era respondido en distintos blogs e foros con indignación por parte de moitos fanboys, que negábanse a crer a realidade, ata que apareceron probas como o orixinal vídeo seguinte:

Vese claramente que o aluminio bañado é moito máis susceptible ás rabuñaduras que o vidro, o que pode resultar sorprendente, pero supoño que o matererial elixiuse polo seu peso e pola súa resistencia a impactos (non a raiazos).

Non é para tanto, ho

Aínda que moitos poñan o berro no ceo, hai que recoñecer que, como aconteceu co Antennagate, a cousa non é para tanto, e unha simple funda protectora (accesorio que empregan a grande maioría de usuarios do iPhone, tanto para protexer o terminal como para dotalo de personalidade) soluciónao. Pero o que está claro é que, pese ás magníficas vendas (que apuntan a que o iPhone 5 vai ser o iPhone máis vendido da historia), o prestixio de Apple pode comezar a erosionarse. Pero non nos enganemos, que a ausencia de Steve Jobs non ten nada que ver con iso (Apple xa tivera que reembolsar 25 dólares por cada iPod nano vendido en 2005 por mor da súa susceptibilidade excesivaás rabuñaduras), simplemente o que pasa é que resulta moi complicado manterse líder absoluto durante tanto tempo, e cada vez hai máis competencia, por sorte para todos.
Amais hai que ter algo de sentidiño, e se unha persoa quéixase porque o móbil escarállase vivo ao levalo no peto coas chaves, mellor que estea caladiña, pois iso pasa con todos os móbiles do mercado… agás os que teñen protección especial, claro. Quen compra i iPhone 5 non o fai porque sexa o móbil máis resistente do mercado, nin o que ten a mellor cámara, nin polo tamaño da súa pantalla… faino sabendo o que compra, e se non é así, entón é que o fai simplemente por moda.
Curiosamente neste último caso dá un pouco igual que o móbil teña eivas, pois despois do que se investiu no mesmo será imposible sacarlle ao usuario un comentario negativo. Así de obxectivos somos cunha opción persoal que cada día parécese máis a unha ideoloxía política ou á afección a un equipo de fútbol.
Vaia, que parece que se falas ben do iPhone é que es un descerebrado captado pola seita da mazá; e se falas mal do móbil de Apple, é que es un envexoso que non ter cartos para mercalo. Chega con ver á masa de usuarios de Instagram que se indignou cando a aplicación estreou versión para Android. 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • A CIA non me espía 😪

    Esta mañá achegueime ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, para falar das últimas filtracións de WikiLeaks, nas que daban a entender de xeito sensacionalista...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...
  • LGx15 en YouTube

    O pasado 24 de novembro celebrouse a segunda edición do LGx15 organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), e nas últimas semanas foron subindo á súa...